A nosa filosofía

Desde Vilaseco levamos 20 anos acompañando a creadores na proxección da súa expresión artística; impulsamos a produción de exposicións, edicións limitadas e publicacións; facilitamos a relación entre as obras e as persoas.

En 2022 inauguramos o Espazo Vilaseco. Está situado nas cortes dunha antiga granxa, rodeada de castiñeiros e nogueiras, na aldea de San Cristovo de Mouricios.

Espazo Vilaseco é un lugar de escoita e aprendizaxe, en constante transformación para recuperar, compartir e producir xuntos