A Fundación Pública Artesanía de Galicia elixe o Espazo Vilaseco na aldea San Cristovo de Mouricios en Chantada (Lugo) para celebrar entre o 30 de setembro e o 3 de outubro de 2023, as xornadas “Tecendo futuros: práctica téxtiles contemporáneas”, comisariadas por Lala de Dios. Neste encontro participa Idoia Costa, artista e artesá, creadora de pezas e experiencias con fibras vexetais. Namórase do lugar, os seus valores e a súa xente.

Lola Fernández e Miriam Pérez, fundadoras do espazo (Vilaseco / Vos Casares), antigas admiradoras do seu traballo, senten enseguida atraídas por esta profesional, pola súa ampla experiencia, habilidades e calidade humana, e comezan a falar de proxectar xuntas un lugar de referencia da vimbia en Galicia.