A produción de tecidos en Galicia tivo gran importancia en distintos momentos da nosa historia, alcanzando o seu máximo esplendor nos séculos XVII e XVIII, aínda que a elaboración artesanal e doméstica de tecidos mantívose ata ben entrado o século XX.

A necesidade de abastecer ás familias de tecidos para a confección dunha gran variedade de produtos, especialmente en épocas de carestía como foron as décadas posteriores á Guerra Civil española de 1936, foi o principal motivo polo que en moitas partes de Galicia retomouse a produción de telidos a nivel doméstico ou ben se intensificou a súa produción en lugares nos que se mantiña. Trátase dun feito que se constata nas entrevistas de campo; sementar o liño en casa e aproveitar a la das ovellas era a única maneira de garantir as necesidades que cada familia tenia de tecidos para confeccionar a roupa da cama ou ben para vestirse.

Texto da investigación:
Manuel Rodríguez Calviño

Informantes:
Consolo Viana (Viana, San Pedro); Angeles Sánchez González (Viana, San Pedro); Clotilde Branco Montes (Mouricios, San Cristovo); Matilde (Casa da Pena)(Mouricios, San Cristovo); Luisa (Penasillás A Laxe, San Xoán); Ofelia Vázquez Brigos (Penasillás, A Laxe, San Xoán) e Felipe Osorio (A Fonte, Penelas, Esmeriz, Santa Mariña).

Historias de vida recuperadas:
Teresa Montes Rodríguez, nai de Clotilde (San Paio de Muradelle); Elvira Saco Ledo, nai de Matilde (Mouricios San Cristovo); Josefa Brigos Viana, nai de Ofelia (Vilanova, San Xoán de Laxe); María Viana Ratón, avoa de Ofelia (Vilanova, San Xoán de Laxe); Evangelina Rodríguez Osorio, tía de Felipe (Esmeriz, Santa Mariña) e Elvira Rodriguez Osorio, tía de Felipe (Esmeriz, Santa Mariña).

Toponimia:
Nabeira do Muíño
Puza das Ribas

 

Liño

Investigación previa á plantación de liño

Realizada por Manuel Rodríguez Calviño
La investigación previa al cultivo del lino fue financiada por:
Colabora:
Publicación digital subvencionada por: