Vilaseco, en colaboración con Manchea, está a levar a cabo unha investigación para a utilización do liño na fabricación do papel. 

O liño é unha fibra natural, biodegradable, reciclable e sostible. Aínda que é máis común utilizar outras fibras, como o algodón, co liño pódense fabricar papeis de calidade, especialmente destinados ás belas artes, xa que o papel feito con este material adoita ser flexible e translúcido, cunha alta durabilidade.

Xeralmente o que se usa para o papel é a estopa, esa parte máis áspera que queda do liño unha vez foi restrelado. Con todo, para este proxecto, queriamos tentar chegar ao maior aproveitamento posible usando o liño practicamente intacto, conservando a capa exterior que recubre a planta.

LINO

O papel do liño

Fibras naturais na produción de papel
En colaboración con: