O cultivo do liño ten un gran valor etnográfico, con presenza na cultura popular e o patrimonio inmaterial de toda a comunidade. Como a maioría de tarefas agrícolas en Galicia, esta foi realizada maioritariamente por mulleres, que hoxe conservan na súa memoria as formas locais de produción e transformación.
Desde Vilaseco tratamos de escoitar e recuperar saberes de mulleres como Clotilde e Matilde (de San Cristovo), Ofelia e Luisa de Penasillás ou Consuelo de San Pedro de Viana. Todas elas poden presumir de lembrar o longo proceso de transformación do liño e de saber empregar cada unha das ferramentas necesarias.
A partir destes testemuños e da investigación previa, realizada polo arqueólogo Manuel Rodríguez Calviño, levamos a cabo este cultivo tradicional, recuperando a memoria das mulleres rurais na produción dun produto sostible e local.
Equipo traballo de campo: Clotilde, Ana, Xudas, Mari Carmen, Manolo, Lola, Gonzalo, Alicia, María, Belén, Álex, Olivia, Alexandra, Julieta, Lucas, Charo, José, Sara, Isaac, Rafa, Fina, Julio e Miriam...
Traballo de campo sobre o liño