Tipo
Liño
Coa colaboración de
Os Casares Vecinas y vecinos Manchea, S. Coop. Galega
With the support of
Fondos Next Generation Xunta de Galicia Ministerio de Cultura

A produción de tecidos en Galicia tivo gran importancia en distintos momentos da nosa historia, alcanzando o seu máximo esplendor nos séculos XVII e XVIII, aínda que a elaboración artesanal e doméstica de tecidos mantívose ata ben entrado o século XX. A necesidade de abastecer ás familias de tecidos para a confección dunha gran variedade de produtos, especialmente en épocas de carestía como foron as décadas posteriores á Guerra Civil española de 1936, foi o principal motivo polo que en moitas partes de Galicia retomouse a produción de tecidos a nivel doméstico ou ben se intensificou a súa produción en lugares nos que se mantiña.

Trátase dun feito que se constata nas entrevistas de campo; sementar o liño en casa e aproveitar a la das ovellas era a única maneira de garantir as necesidades que cada familia tiña de tecidos para confeccionar a roupa da cama ou ben para vestirse. En boa parte de Galicia mantívose ata a década dos anos 60 do século XX, aínda que algunhas tecedeiras seguiron tecendo durante algunhas décadas máis, a maioría como mero entretemento, pois os tecidos que producían caeran en desuso e os fíos de la e liño fiado a man foron substituídos polos de produción industrial.