Os/as artistas Andrea Dávila Rubio (Boiro, 1995), Carla Souto (A Coruña, 1994), Berio Molina (A Fonsagrada, 1979) e Mariña González Guerreiro (A Guarda, 1992) estiveron a traballar, guiados por Irene Kopelman, sobre o debuxo como maneira de coñecer e establecer contacto coa zona da Ribeira Sacra. Xuntos percorreron varios carreiros analizando a contorna, interesándose non só polas implicacións paisaxísticas senón por aquelas outras derivadas da construción social do territorio. Cada un dos participantes respondeu a consígnaa dunha forma única e particular, logrando capturar diferentes aspectos do lugar. De aí o título, snapshots, capturas.
O taller de 12 Miradas con Irene Kopelman realizouse coincidindo coa estancia da artista en Galicia ao ser convidada polo MUV FMJJ a realizar unha residencia artística en e territorio galego cun traballo de investigación sobre o carácter limnológico do río Sil, en relación a aqueles factores que determinan a evolución da súa paisaxe.