Datas
Marzo 2024
Disciplina
Foro de sostenibilidade
Tipo
Foro rural sustentable

Desde a súa aposta polo impacto positivo, Corporación Hijos de Rivera impulsa o Foro Rural Sostible. Un evento anual que reúne a expertos, profesionais, investigadores, empresarios e representantes da sociedade civil para debater e promover a sustentabilidade rural. O Foro céntrase na procura de solucións sostibles en áreas como a conservación dos servizos ecosistémicos, a prosperidade da poboación, a calidade de vida e a preservación do patrimonio cultural. Durante o foro realízanse conferencias maxistrais, paneis de discusión, mesas redondas e/o presentacións de casos de estudo e iniciativas que están a transformar o campo nunha contorna sostible. Os participantes teñen a oportunidade de aprender de destacados expertos, compartir as súas propias experiencias, establecer contactos e colaborar en grupos de traballo para desenvolver propostas e recomendacións concretas que promovan a sustentabilidade a nivel local e global.

Foro Rural Sustentable

O profundo impacto que ten o sector primario sobre todos os ámbitos das nosas vidas fai necesario un activismo e unha resposta por parte de toda a sociedade. Con este obxectivo preséntase a segunda edición do Foro Rural Sustentable, un espazo aberto ao debate que fiel aos seus principios desenvolveuse na contorna rural de Vos Casares (Chantada) os días 19 e 20 de abril de 2024.

O Foro Rural Sustentable, grandes compañías ligadas ao sector primario como Corporación Hijos de Rivera, é un espazo de conversacións e debate para a xeración de propostas que trasladar ás autoridades administrativas e outros axentes relevantes na sociedade para esixir os cambios regulatorios necesarios para transformar o rural nun medio máis próspero e sustentable.

Un proxecto de: