Obradoiro #8

FIBRANZAS

Fibranzas. Laboratorio das fibras vexetais é un programa formativo que se celebrarán en San Cristovo de Mouricios (Chantada) de febreiro a decembro e que nace da colaboración entre a Fundación Pública Artesanía de Galicia, Espazo Vilaseco, Os Casares e Idoia Cuesta. O programa está dividido en catro módulos nos que se aprenderá o proceso completo dende a obtención das fibras vexetais cesteables e as técnicas da cestería tradicional con diferentes materiais, ata o deseño de produto e a produción artística.
Obradoiros

Tras sete anos promovendo a creación contemporánea como principal protagonista e organizando obradoiros no ámbito rural de Galicia a través do programa 12 Miradas, desde 2022 Vilaseco convoca, coordina e propón talleres no ámbito das artes plásticas, o deseño, a arquitectura e as artes visuais en San Cristovo de Mouricios (Chantada, Lugo).

Os obradoiros Vilaseco convidan a reflexionar sobre a relación do contexto e o proceso creativo, facendo fincapé nos valores de respecto e convivencia coa contorna e as persoas que habitan no rural, sempre compartindo desde unha actitude inconformista e curiosa, buscando xerar un impacto positivo sobre o territorio.