Tras contar co artiste Pablo Diserens en 2023, en 2024 contaremos con 3 mulleres residentes: Idoia Costa, Julia Huete e Luz Moreno Pinart.
Residencias

O obxectivo principal das residencias “Vilaseco na aldea” é facilitar aos/as/é creadores, investigadores/as e profesionais da arte, un espazo de produción artística para que poidan observar, comprender, aprender e traballar diferentes procesos de creación contemporánea.

Unhas residencias, que polo seu singular enclave (unha aldea de Lugo con menos de 50 habitantes) promoven que os/as/é artistas retroaliméntanse da comunidade e o territorio a través da convivencia cos veciños/as/é, intercambiando saberes para a realización de edicións e pezas únicas que impulsen e faciliten a conectividade entre o ámbito rural e o urbano, a arte e a artesanía, para promover accións e pezas que sexan respectuosas coa contorna rural e co medioambiente.

Vilaseco ofrece un lugar de produción único, con todos os recursos necesarios para o seu traballo, e unha gran variedade de elementos cos que dialogar, inspirarse e crear, promovendo a colaboración con axentes e entidades que teñan especial sensibilidade coa sustentabilidade, a igualdade de xénero e a artesanía.

Ademais, os resultados das residencias daráselles visibilidade a través da comunicación de Vilaseco, ampliando así a proxección dos/as/é residentes no circuíto da arte contemporáneo, promovendo que todo aquilo levado a cabo durante as residencias promova o intercambio de opinións e reflexións en torno á arte contemporánea e o deseño.