Durante a súa residencia, Idoia Cuesta creou, en colaboración con Agrofloresta e Os Casares un peche vivo multiespecie a través da permacultura.

Datas
abril 2024
Disciplina
Deseño, artesanía, sostenibilidade e permacultura
Tipo

Investigación e documentación para un cultivo experimental e colaborativo de vimbia..

Nesta residencia Idoia Costa expuxo a revisión dos usos tradicionais da vimbia para a cestería, buscando novas aplicacións noutros campos da creación artística. Para iso investigou directamente sobre o territorio, en San Cristovo de Mouricios, vendo as posibilidades de levar a cabo unha plantación de vimbia nesta aldea.

Para a obtención desta materia prima, investigou tempos e procesos na selección de brotes, tempos e formas de cortar as varas, clasificalas por alturas, cores etc.; experimentou co tempo de cocción, pelado, secado para obter a materia utilizada en procesos creativos aplicados á arte contemporánea.

A investigación centrouse nas especies do xénero Salix tanto autóctonas como alóctonas, previamente seleccionadas polas súas características e propiedades; estudáronse as súas múltiples aplicacións, xa sexa na arte contemporánea, o deseño de produto ou de interiores ou a arquitectura.

Vilaseco e Idoia contaron coa colaboración de Os Casares e co servizo técnico da empresa Agrofloresta para estudos de análises de chan, hidroloxía, etc…

Idoia Cuesta

O meu traballo baséase na fusión da cestería co téxtil e a versatilidade da peza resultante, a través da combinación de materiais orgánicos con diferentes técnicas artesanais. Ao longo destas décadas aprendín e traballei con profesionais de moi diversas orixes, culturas, experiencias e coñecementos que me abriron a mente e achegáronme novas visións sobre a arte, o deseño, a arquitectura, a moda e a artesanía contemporáneas. Busco que as miñas pezas teñan unha identidade propia, baseada na materia prima e nos posibles usos (segundo necesidades e gustos da persoa que a adquire). Isto permíteme crear pezas con espírito, sensoriais, que espertan as ganas de tocar, cheirar, morder, mesmo abrazar.

Vivo e traballo no medio rural, nunha zona de Galicia declarada Reserva da Biosfera. A natureza e a paisaxe que me rodea na miña día a día, os bosques , o río Miño coa súa illa no medio, as vimbias que cultivo, as cegoñas que tecen os seus niños, …. non só me inspiran, senón que me ofrecen a oportunidade de crear pezas sostibles con formas orgánicas que transmiten a nobreza e calidez das materias primas que utilizo.

A residencia de Idoia Cuesta foi posible co apoio de Acción Cultural Española (AC/E):