Nos últimos anos a obra de Julia foise materializando xeralmente con tecidos. A maior parte do seu traballo é bidimensional e, aínda que foi experimentando con pintura e imaxe, sempre estivo presente a referencia ao obxecto, o que derivou nun achegamento ao volume desde a materialidade.
Así, despois doutros proxectos nos que explora contrastes entre materiais nobres e orgánicos con materiais máis industriais e sintéticos, exponse aproveitar a residencia para continuar esta experimentación. Neste caso fíxase en refugallos plásticos propios da contorna como son as envolturas das pacas de heno. Estas posúen unhas características de cor, degradado, textura e brillo que lembran á auga, motivo que queda como centro da instalación e desde o que xorde a forma final da intervención: unha composición en algodón que lembra a pingas. Esta forma final xorde tamén da vontade de asegurar o menor impacto ambiental posible, reservando os plásticos para outras futuras intervencións en interior e mantendo nos exterior elementos orgánicos.
O resultado desta residencia será a 2ª intervención dun dos espazos máis singulares e relevantes de Espazo Vilaseco: a palleira. Dando continuidade á primera intervención, realizada por Rodríguez-Méndez.
Pre-residencia
Nos últimos anos a miña obra foise materializando xeralmente con tecidos. A maior parte do meu traballo é bidimensional. Aínda que fun experimentando con pintura e imaxe sempre estivo presente a referencia ao obxecto, o que derivou nun achegamento ao volume e por tanto á escultura.
Estre proxecto, no que propoño explorar o mundo do tecido a nivel material e de uso posiciónase principalmente nunha contorna rural que rodea a produción e a artesanía. En concreto a miña intención é prestar atención a estratexias, calidades e funcións deste material en casos concretos nos que non sexa protagonista (como poden ser útiles de almacenamento ou espantallo por exemplo) para poder incorporar metodoloxías desde as marxes da produción e elaborar un estudo formal que se inspira nunha tradición “involuntaria” que reflicte sistemas intelixentes de aproveitamento dos recursos materiais.
Despois e durante a residencia
A instalación na palleria do espazo de Chantada é un reto polas súas dimensións e por estar medio a descuberto. Pensei en non limitar moito a idea antes de ir, así que preparei algúns materiais que coñezo para levarme comigo e que tivesen relación co que propuxera (vinilo transparente xa usado noutros proxectos) e deixei para a estancia alí o decidir que forma final tería.
Expuxera falar das xerarquías de materiais e incluír o plástico nun ámbito rural de forma consciente. Paseando polos arredores atopei un filme verde auga sobrante das pacas de heno dos agricultores da zona (un filme de polietileno que se usa para facer fardos nos que fermenta a herba) e decidín levarmo para facer probas, o resultado foi unha cortina deste filme que abarca o longo do bastidor de 16m.
A idea de usar este material ten que ver con dar valor e aproveitar as características plásticas dun recurso que non só é potencialmente un residuo contaminante (moitas veces éo) senón que é un útil que posúe unhas propiedades concretas e que está presente en contornas rurais e artísticas como illante, protector, separador, clasificador ou protector.
Julia Huete
Pódese atopar a súa obra en coleccións como DKV, CGAC, CA2M, Colección María Cristina Masaveu Peterson o MICA. Ademáis, recentemente foi premiada no concurso de Cervezas Alhambra en ARCO.
Foi residente na Academia de España en Roma (2018-2019), vivindo entre Italia e Madrid. En paralelo á súa carreira realiza estudos de doutoramento na Universidade de Vigo.