Datas
7 ao 22 de xuño 2024
Disciplina
arte contemporánea, fotografía e gastronomía
Tipo
Unha serie de reportaxes fotográficas sobre a terra e a planta, experimentando co liño e o castiñeiro.

Luz Moreno Pinart sentiuse sempre atraida pola investigación ao redor da natureza. En 2019 realizou unha residencia na Villa Kujoyama, cun programa do Instituto Francés, o Ministerio de Cultura e a fundación Bettencourt Schueller en Kioto. Durante 3 meses traballou en torno á oliveira, experimentando coas súas fibras e cos seus refugallos para crear unha serie de obxectos que honran a esta árbore milenaria.

No 2022 foi artista residente na fundación Accolade - Institut de France, centrándose noutra planta milenaria, a ortiga. Investigou xunto a científicos, herbolarios, tecedores e agricultores e creou unha peza, “Texere urtica” que fala de como se multiplica a ortiga grazas ás súas rizomas e á súa anatomía. A escultura está feita enteiramente de ortiga e arame de cobre.

“Na miña práctica artística considérome unha investigadora, gústame elixir un “ingrediente”, un tema ou unha planta, e pasar meses facendo investigacións históricas, científicas, téxtiles... para terminar cunha peza que conta a vida destas plantas e que cuestiona as relacións entre o medio ambiente e o ser humano. Gústame dicir que as miñas pezas falan o idioma destas plantas”.

Nesta residencia no espazo Vilaseco, en San Cristovo de Mouricios, profundou sobre o liño e o castiñeiro.

Luz Moreno Pinart

Luz Moreno Pinart Nada en 1989 en España, Luz estudou deseño e escenografía na École Nationale Supérieure deas Arts Décoratifs de París; máis tarde estudou na Aalto School of Design de Helsinqui onde se especializou en fibras téxtiles e finalmente na *École Supérieure d’Art et de Design de Reims interesouse polas fibras comestibles. A súa obra finalista do Loewe Craft Prize 2023 exposta en Nova York no Museo Noguchi consiste en finas hebras de papel anudado, utilizando técnicas que aprendeu durante unha residencia artística en Kioto. O resultado é unha rede interconectada na que cada nó representa un momento da súa vida; pintouse de vermello para resaltar a importancia do recordo, mentres os longos e finos fíos de papel que os conectan aseméllanse ao estambre dunha flor: contén o pole da planta, que representa a vida e o crecemento.
A residencia de Luz Moreno Pinart foi posible co apoio de Acción Cultural Española (AC/E):