BIO*CERÁMICA: Narrativas da paisaxe e a súa cultura foi un taller de experimentación, unha invitación para explorar a intersección entre a contorna rural, a perspectiva ambiental durable, o tecido social e a cultura local.
Datas
17 -20 setembro 2024
Disciplina
Cerámica
Información
Impartido por Raquel Buj e Carlos Jiménez Cenamor

Neste taller, os participantes mergulláronse na hibridación das técnicas cerámicas e os biomateriales da contorna, para capitalizar os coñecementos e técnicas locais de manipulación da arxila e as fibras vexetais (liño, vimbia, castañas) honrando a tradición e a historia da comunidade que habita a paisaxe local, e sempre mirando o futuro.

Crearase un documento narrativo – un libro de artista para a galería Vilaseco – que resumirá os experimentos realizados no taller e reflectirá a riqueza dos recursos dispoñibles na contorna e o aproveitamento que a poboación local soubo extraer deles, así como as novas posibilidades de uso que albiscamos. Xerarase tamén un arquivo que recompile a experimentación biocerámica resultante do taller e as técnicas tradicionais locais que sirva como un recurso inspirador para futuras xeracións de artesás e deseñadoras.

BIOCERÁMICA: Narrativas da paisaxe e a súa cultura constituíu tamén unha oportunidade para aprender das técnicas culturais e recursos locais desde unha mirada aberta e experimental, capaz de explorar novas contemporaneidades materiais.

Propúxose hibridar saberes e técnicas tradicionais vinculadas o aproveitamento dos materiais da contorna con novas expresións contemporáneas creadas a partir da experimentación entre cerámica
e biomateriales. Deste xeito, o taller invitou a crear unha ponte entre saberes tradicionais e deseño contemporáneo, así como un tecido de creadores que acurtou a distancia entre artesáns locais e deseñadores contemporáneos.

O taller puxo a mirada no potencial da contorna rural como xerador de novas vías de desenvolvemento culturais, sociais, medioambientais e económicas futuras. É na contorna rural onde se axuntan materialidade, natureza e saberes tradicionais, onde se abren outras posibilidades de relación co medio social, cultural e produtivo, e novas oportunidades de deseños e futuros que posibiliten outras ecoloxías máis sensibles coa contorna.

 

Bio Cerámica. Narrativas da paisaxe e a súa cultura

Raquel Buj (Madrid) @buj.studio
O seu traballo sitúase na intersección entre arte, moda e investigación material. Unha práctica dedicada á experimentación especulativa con materiais a partir dos cales deseñar vestimentas inspiradas na idea de envolvente ou segunda pel que expoñen outras ecoloxías posibles. Concibe o seu taller como un laboratorio no que se hibridan artesanía, fabricación dixital e biofabricación. Combina a súa práctica profesional coa súa actividade docente en diversas universidades nacionais e internacionais. O seu traballo foi recoñecido con premios como Samsung Ego Innovation Project 2017 e foi exposto en centros como o Can U sustainable exhibition, Shangai 2022. Colabora con artistas e performers como Instituto Stocos ou Janet Novás e recibe encargos como o deseño da capa das Badaladas 2022. Destacan as súas coleccións Wall Dres 2017, Growing Landscapes 2018, NIÑOS 2021, Ungüentos 2023. Foi bolseira pola Academia de España en Roma cun proxecto recentemente exposto en ARCO 24.

Carlos Jiménez Cenamor (Murcia) @DelAmorYlaBelleza.
Arquitecto pola Universidade Politécnica de Madrid, fundou o taller DelAmorYlaBelleza na primavera de 2011, realizando proxectos multidisciplinares nos que a felicidade e o optimismo son variables de deseño fundamentais. O seu traballo foi exposto no Festival de Venecia, en LOVISUAL, en HAY FESTIVAL de Reino Unido, o Museo ICO, Matadero de Madrid, London Roca Gallery, galería space2B, Espazo Mínimo, Mad is Mad... etc. Vinculado á docencia universitaria desde 2005, traballou en University College London, a ETSAM de Madrid, e impartiu workshops en América Latina, Europa e Asia. Desde 2018 reside e traballa en Murcia, desenvolvendo un estudo pormenorizado do medio ambiente que lle rodea mediante a súa produción cerámica e gráfica, sendo galardoado co Premio Produto Artesán 2023 nos Premios de Artesanía da Región de Murcia.