FIBRANZAS. APRENDER DA TRADICIÓN. OFICIOS E TÉCNICAS LABORATORIO DE FIBRAS VEXETAIS
MÓDULO 1: OBTENCIÓN DE FIBRAS VEXETAIS CESTEABLES
XANEIRO, FEBREIRO E MARZO
PREPARACIÓN DO MATERIAL DA FORMACIÓN (sen o alumnado)
Poda, selección e recompilación do vimbio preciso para a realización de toda a formación.
Datas: 24 e 25 de Xaneiro.
1.1. TÉCNICAS DE CULTIVO AGROECOLÓXICO DO VIMBIO:
Introdución ás especies cesteables.
Poda do vimbio, tallado de varas, selección por alturas e atado en feixes. Separación de especies e conservación de fibras vexetais. Almacenamento. Preparación do terreo, obtención de escallos, marcos de plantación e deseño da plantación en bancais.
Formación: Idoia Cuesta e colaboración de Marcos Besada.
Datas: 25, 26, 27 de febreiro.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
1.2. ESTRUTURAS DE VIMBIO VIVO:
Técnicas de tecido de varas vivas de vimbio para estudar as posibilidades da aplicación do
vimbio vivo en diversos proxectos de xardinería, paisaxismo, horticultura, recuperación e
restauración ambiental, etc., como domos, cabanas, peches, cerrados.
Formación: Idoia Cuesta.
Datas: 12 e 13 de marzo.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
_______________________________________
MÓDULO 2: TÉCNICAS DE CESTERÍA TRADICIONAL
ABRIL, MAIO E XUÑO
2.1. CESTERÍA DE LÁMINAS DE CASTIÑEIRO:
Selección de ramas, corte, fendido e preparación das ramas de castiñeiro, pelado da casca e preparación das láminas. Manexo do banco de cesteiro e afiado das ferramentas. Práctica enfocada á realización de cestos coa técnica de damero tradicional.
Formación: Enrique Táboas.
Datas: 21, 22 e 23 de abril.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
2.2. CESTERÍA DE CASCAS DE VIMBIO:
Pelado de varas de vimbio de diferentes especies e preparación da casca en tiras para o tecido de cestos coa técnica de Plaiting, unha técnica tradicional baseada no tecido diagonal.
Trabállase con materiais planos e flexibles, en forma de cinta, como a casca de vimbio, que se tecen en ángulo recto creando patróns diagonais.
Formación: Idoia Cuesta.
Datas: 14 e 15 de maio.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
2.3. CESTERÍA DE VARAS DE VIMBIO:
Cestería tradicional con varas de vimbio de diferentes especies.
Tecido da base do cesto, tecido da parede do cesto coa técnica de telada. Remate con técnica de cordón dobre ou triplo. Realización da asa central ou asas laterais.
Formación: Pau Trepat.
Datas: 17, 18 e 19 de xuño
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
____________________________________________
MÓDULO 3: DESEÑO DE PRODUTO E PRODUCIÓN ARTÍSTICA
XULLO, AGOSTO E SETEMBRO
3.1. ARTE DA PAISAXE:
Creación de estruturas que interactúan coa contorna a través de trenzados, tecidos e formas escultóricas. O vimbio tamén se emprega para re-definir límites, crear barreiras visuais ou modificar a paisaxe de maneira orgánica para xerar un diálogo entre o home, os elementos naturais e o espazo.
Formación: Jette Mellgren e Jan Johansen (Odense, Dinamarca)
Datas: 8, 9, 10 e 11 de xullo.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
3.2.: ARTE CONTEMPORÁNEA E FIBRAS: Unha produción artística.
Os alumnos participarán nun proceso de creación colectiva en diálogo con Sonia Navarro, poñendo en práctica técnicas artesanais levadas ás diferentes formas de traballo de cada participante.
Formación: Sonia Navarro e Idoia Cuesta en colaboración.
Datas: 21 e 22 de agosto.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
___________________________________________
MÓDULO 4: TÉCNICAS TRADICIONAIS E CONTEMPORÁNEAS
OUTUBRO E NOVEMBRO
4.1. CESTERÍA DE COLMO:
Técnica artesanal tradicional de cosido en espiral que utiliza talos de palla de centeo e trigo e mesmo outras especies vexetais como xesta, piorno ou liño… para crear unha ampla variedade de obxectos de gran tradición rural. O cosido realizarase con cinta de vimbio e con cinta de silva.
Formación: Álvaro Leiro.
Datas: 15, 16 e 17 de outubro.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
4.2. DESEÑO DE OBXECTOS E PECHE DA FORMACIÓN:
Creación e elaboración de prototipos dunha colección de pezas en base ás técnicas aprendidas durante o ano, a partir das fibras vexetais locais (liño, vimbio e castiñeiro). Estudo das fases do proceso creativo para a realización dunha colección.
Formación: Miguel Leiro.
Datas: 25, 26 e 27 de novembro.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
FIBRANZAS
APRENDER DA TRADICIÓN. OFICIOS E TÉCNICAS
Fibranzas forma parte de Aprender da tradición. Oficios e técnicas, un programa pioneiro impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Fundación Artesanía de Galicia, co obxectivo de recuperar e transmitir técnicas tradicionais e de atraer novos talentos que aseguren o futuro da artesanía galega.
Iniciado a finais de 2023, Aprender da Tradición. Oficios e técnicas é un programa formativo único en España, unha estratexia pioneira enfocada a garantir a remuda xeracional no sector artesanal galego, como vertebrador do territorio e fixador de poboación especialmente no rural.
Entre os seus obxectivos atópase:
•Capacitar os artesáns e expertos en oficios artesanais para que poidan transmitir os seus coñecementos.
•Facilitar a formación de novas xeracións interesadas en aprender estes oficios e técnicas.
•Revalorizar e visibilizar os procesos artesanais vinculados aos vellos saberes para ofrecer novos valores.