"O espazo non existe. Hai que crealo, pero non existe. Non… Toda escultura que parte do espazo como algo existente é falsa, só hai unha ilusión do espazo." Alberto Giacometti, 1949
Datas
30 setembro - 02 outubro 2022
Disciplina
escultura, fotografía, arte contemporánea
Información
Participantes no obradoiro: Carla Andrade (Vigo, 1983), Tito Pérez Mora (Benidorm, 1977), Juan López (Ferrol, 1973), Misha Bies Golas (Lalín, 1977), Clara Álvarez (Tres Cantos, 1993) e Ximena Garrigues (Madrid, 1977)

¿Canto espazo necesitamos?

No ano 2011 realizouse na Fundación Luis Seoane da Coruña unha exposición titulada Cabanas para pensar. Nela inventariáronse, con todo detalle, pequenas construcións que filósofos, músicos ou escritores construíran como lugar para pensar e poder concentrarse en soidade e sen interferencias. Algúns mesmo vivían tempadas nelas. A maioría destas cabanas estaban situadas lonxe de núcleos urbanos, normalmente estaban illadas e rodeadas de natureza.

O lugar onde se desenvolveu o obradoiro, Chantada, é tamén un lugar situado no medio rural, afastado de núcleos urbanos importantes e moi propicio para a concentración, o paseo e o contacto directo coa natureza.

A partir dunha formulación teórica-práctico, propúxose a creación de espazos ou lugares propicios para o pensamento e a reflexión segundo cada un dos participantes.

Utilizáronse os materiais e as condicións que atopemos en Chantada, así como outros recursos que poidan achegados polos asistentes.

En definitiva, o obradoiro propuxo reflexionar sobre o espazo necesario para xerar pensamento, ideas e reflexións, tentando responder as preguntas: que espazo necesitamos? E canto espazo necesitamos?

Ignasi Aballí

Fotografías © Ximena Garrigues

Ignasi Aballí

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona.

Realizou diversas exposicións individuais en España e no estranxeiro, entre as que destacan as realizadas no Macba de Barcelona (2005), a Fundación Serralves do Porto (Portugal, 2006), a IKON Gallery de Birmingham (Reino Unido, 2006), o ZKM de Karlsruhe (Alemaña, 2006), a Pinacoteca do Estado de Sao Paulo, Brasil (2010), o Museo Artium de Vitoria (2012), o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (2015), a Fundación Mirou, Barcelona (2016), o Museo de Arte da Universidade Nacional de Colombia, Bogotá (2017), a Galeria Kula (Split) e o Museo de Arte Contemporánea de Zagreb, Croacia (2018) e o Meadows Museum de Dallas, (Texas, 2022). Expuxo en diversas ocasións nas galerías Estrany da Mota de Barcelona, Elba Benítez de Madrid e Meessen de Clercq de Bruxelas. Tamén expuxo recentemente nas galerías Proxecto Paralelo (Ciudad de México, México), Pedro Oliveira (O Porto, Portugal) e Nordenhake (Berlín, Alemaña).

Participou na 52ª Bienal de Venecia (2007), a 8ª Bienal de Sharjah (Emiratos Árabes, 2007), a XI Bienal de Sidney (1998), a 4ª Trienal de Guangzhou, China (2012) e a 13ª Bienal de Conca (#Ecuador, 2016).

No ano 2015 recibiu o V Premio Joan Miró.

O ano 2022 foi o representante do Pavillón de España na 59ª Bienal de Venecia, co proxecto Corrección.

Retrato Ignasi Aballí © Roberto Ruíz

Impulsado por:
En colaboración con: