“Os procesos foron super interesantes, cada un atopou maneiras de resolver novas, vinculadas ao seu traballo pero á vez, abrindo novas posibilidades dentro das prácticas.” Irene Kopelman
Datas
22 - 24 outubro 2021
Disciplina
Debuxo, paisaxismo e investigación
Información
Participaron no obradoiro:  Andrea Dávila Rubio (Boiro,1995), Carla Souto (A Coruña,1994), Berio Molina (A Fonsagrada, 1979) e Marina González Guerreiro (A Guarda, 1992).

O obradoiro de 12 Miradas con Irene Kopelman realizouse coincidindo coa estancia da artista en Galicia, ao ser convidada polo MUV FMJJ a realizar unha residencia artística no territorio galego cun traballo de investigación sobre o carácter limnolóxico do río Sil, en relación a aqueles factores que determinan a evolución da súa paisaxe. Deste xeito estableceuse unha colaboración entre o MUV FMJJ e 12 Miradas, para a realización do obradoiro.

Os/as artistas participantes traballaron ao redor da práctica artística de Kopelman a través da observación da paisaxe, debuxo, fotografía e textos. Durante as sesións de debuxo nas que estiveron guiados por Irene Kopelman, os/as participantes percorreron varios carreiros desde Boán (Chantada) ata a aldea deshabitada de Chouzán, dando lugar a diferentes procesos creativos de análises do analizando a contorna, interesándose non só polas implicacións paisaxísticas senón por aquelas outras derivadas da construción social do territorio.

Durante o seguintes seis meses, Irene Kopelman estivo en contacto cos/as artistas dando forma ás formulacións xurdidas durante o taller e froito diso é a exposición Snapshots de Chantada.

Irene Kopelman

Irene Kopelman naceu en Córdoba, Arxentina, en 1974. Estudou na Escola de Artes da Universidade Nacional de Córdoba, onde obtivo a súa licenciatura en pintura (1994 – 2002). En 2002, Kopelman foi aceptada dentro do programa internacional de residencia de dous anos na Rijksakademie van beeldende Kunsten en Ámsterdam. Actualmente, divide o seu tempo entre Ámsterdam, Arxentina e as rexións onde o seu traballo e investigación lévana.

Nos Países Baixos, Kopelman comezou a investigar as representacións de paisaxes tal e como o rexistraron os naturalistas nos séculos XVIII e XIX. Este período de exploración, durante a era da Ilustración, atópase arquivado de forma abundante en museos de todo o mundo.

Impulsado por:
En colaboración con: